4º E.I. ROBÓTICA E ESTIMULACIÓN TEMPERÁ

COMEZAMOS CON ROBÓTICA
BEE BOT CHEGOU A 3 ANOS!!!
Quen é BEE BOT?
Este proxecto iníciase coa principal intención de iniciar ao noso alumnado no desenvolvemento de habilidades, capacidades e competencias básicas (tal e como sinala o currículo oficial) a través da resolución de pequenos retos de aprendizaxe e o uso da robótica e a programación.
BEE BOT é un pequeno robot en forma de abella que ten que seguir as nosas instrucións mediante comandos (avanzar, retroceder, virar...), que debemos secuenciar correctamente a través da pulsación de botóns para chegar a un destino que marcamos como obxectivo.
Coa programación de BEE BOT, traballamos a observación e a análise das accións que a pequena abella robot realiza a partir dunha secuencia de ordes dadas, estimulando nos nosos alumnos o desenvolvemento de distintos procesos mentais, habilidades e competencias básicas.












Estimulación temperá 4º de Infantil: escaleira de braqueación, arrastre e gateo.