DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Con motivo do día das Letras Galegas os nenos de Educación Infantil realizaron diversas actividades. Este ano están adicadas a María Victoria Moreno.




Con motivo deste día tan especial os nenos e nenas fixeron actividades conmemorativas. Escoitaron cousas a cerca da homenaxeada neste día e logo fixeron algún traballo significativo para celebrar este día.


Os máis pequenos fixeron un marcapáxinas e falaron sobre a vida da homenaxeada.






E aprenderon unha morea de cousas a cerca de María Victoria...


 


E os maiores... Tiveron unha visita moi agradable!
O papa dun alumno veu celebrar o día das Letras Galegas contando contos, bailando muiñeiras e amosándonos algunhas das palabras máis fermosas da nosa lingua. Deixámosvos algunhas imaxes deste momento...



 



Vémonos moi pronto e feliz día das Letras Galegas!